Feita para o teu día a día na Coruña

Toda A Coruña,
en movemento.

O teu autobús. A túa bici. O teu próximo destino. Un xeito máis claro de moverte pola túa cidade, con todo o que precisas en Borua.

Para AndroidUn proxecto independente, pensado aquí.
Pantalla de Inicio de Borua nun dispositivo Android
A CoruñaMenos voltas. Máis cidade.
Borua/ Android
Captura real da app, anterior ao cambio de nome a Borua.

Así se sente Borua

Abre a app. Atopa o teu camiño.

Información clara, cun toque. Percorre as súas pantallas e descubre como encaixa no teu día.

Pantalla de Inicio de Borua nun dispositivo Android

Capturas reais da app, tomadas antes do cambio de nome de Coruña Move a Borua. Reflicten os datos e estados daquel momento, sen información en directo nesta web.

O teu punto de partida

O que che importa, primeiro.

As túas paradas, o autobús que che interesa e accesos aos teus transportes. Un inicio que podes facer teu.

Cada parada, un pouco máis túa

A información que buscas. Sen perderte nela.

Unha ficha pensada para consultar axiña e ampliar cando o precisas: liña, destino, estimación e opcións para seguir a túa viaxe.

  • Paradas favoritas, sempre á man
  • Estimacións e horarios identificados
  • Accións de aviso e seguimento na app
Descubrir as pantallas
Ficha de parada e opcións de consulta da app
Mapa de Borua cos seus controis e panel de parada
A Coruña

Mira máis alá da túa parada

A túa cidade ten moitos camiños.

Un mapa real para descubrir paradas, consultar percorridos e explorar as posicións dispoñibles dos autobuses. Con controis claros e espazo para orientarte.

  • Preto, para explorar paradas
  • Directo, segundo os datos dispoñibles
  • Percorridos e fichas desde o mapa
Explorar a app

Ao teu ritmo

Para eses traxectos que xa son teus.

Os teus favoritos

Garda as paradas e liñas que utilizas. Menos buscas repetidas, máis á man.

Os meus traxectos

Ponlle nome á viaxe de cada día e volve abrila no planificador.

A túa viaxe, contigo

Fixa unha chegada ou activa o seguimento na app. Os avisos dependen dos datos e permisos dispoñibles.

Co teu estilo

Claro ou escuro, español ou galego e preferencias para adaptar a experiencia a ti.

Atlántica por natureza

De aquí. Para moverte aquí.

A universidade, o traballo, unha volta polo centro. Hai moitos xeitos de vivir A Coruña. Borua nace para acompañarte nos teus.

De camiño á claseA volta á casaUn plan improvisado
A Coruña e a súa contorna. A cobertura depende dos servizos e datos incluídos.
Unha composición orixinal inspirada na cidade.

A confianza tamén se deseña

Información clara. Expectativas honestas.

Cada dato, no seu sitio

Unha chegada estimada, unha posición comunicada e un horario non son o mesmo. Borua distíngueos cando a fonte o permite.

A consulta é túa

As funcións actuais de consulta non esixen crear unha conta. Os permisos de localización e notificacións xestiónanse en Android.

Independente, de verdade

Borua non é unha app oficial nin está afiliada a administracións ou operadoras. Os nomes dos servizos só os identifican.

A dispoñibilidade e frecuencia dos datos dependen das súas fontes. As estimacións non garanten a hora de chegada.

Antes de poñerte en marcha

Algunha pregunta?

O que convén saber sobre Borua, os seus transportes e os seus datos.

Todas as preguntas
Que é Borua?

Borua é unha aplicación Android independente para consultar transporte e organizar desprazamentos na Coruña e a súa contorna. Reúne bus urbano, BiciCoruña e consultas de horarios de Renfe e bus interurbano.

É unha aplicación oficial?

Non. Borua é un proxecto independente. Non representa o Concello da Coruña, Renfe, BiciCoruña, a Xunta nin ningunha operadora.

Todos os transportes teñen información en directo?

Non. As chegadas do bus urbano son estimacións da fonte e as posicións dependen dos datos dispoñibles. Renfe e bus interurbano consúltanse mediante horarios programados. Borua identifica o tipo e a antigüidade da información cando é posible.

Necesito crear unha conta?

As consultas actuais de Borua non requiren unha conta. Os favoritos e traxectos gardados xestiónanse no propio móbil.

Podo buscar paradas próximas?

Si, na aplicación. Podes explorar o mapa e, se concedes permiso de localización, consultar as paradas próximas. Esta web presenta Borua e non ofrece consultas de transporte.

O próximo movemento é teu

Leva a túa cidade no peto.

Estamos preparando a chegada de Borua a Google Play. Aquí atoparás a ligazón oficial cando estea publicada.

Proximamente en Google PlayUnha app para Android
A versión pública aínda non está dispoñible. Esta web non distribúe APK de probas.Fala connosco

Capturas reais da app, tomadas antes do cambio de nome de Coruña Move a Borua. Reflicten os datos e estados daquel momento, sen información en directo nesta web.